Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O galo Manolo e a pita Agapita en Narón

21/02/2020|17:30 - 18:30

De balde
foto-3

Contacontos ilustrado para promover a lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das nenas e nenos.

O galo Manolo e a Pita Agapita cóntanos unha historia de amor nunha granxa. Este conto ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica dun xeito lúdico:

1º.- Enrique Mauricio relata unha historia de xeito oral mentres Carlos Taboada realiza unha ilustración mural vinculada ao texto.

2º.- Comeza entón, unha “rolda de prensa” guiada polos autores, na que os rapaces interactúan  co conto e co debuxo.

3º.- Para rematar, realizarán un obradoiro de ilustración, todos xuntos, coas directrices de Carlos Taboada. Cada neno e nena debuxará un personaxe do conto e daranlle cor ao mural.

 

Data: venres, 21 de febreiro de 2020

Horario: ás 18:30 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social de Piñeiros

Destinatari@s: nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 17 ao 21 de febreiro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
21/02/2020
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de Piñeiros
Estrada de Castela, s/n
Narón, 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest