Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O Cardume, de Xarope Tulú, en Ferrol

12/11/2019|18:30 - 19:30

De balde
xarope-apego

O Cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma. En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.

Aqueles que semellan un só? Si, eses mesmos. A miña avoa di que ese xeito de nadar tan xuntos e coordinados chámase cardume, ela tamén di que os peixes ás veces son máis listos que as persoas, e que deberíamos aprender deles. Por iso, coas miñas amigas estamos aprendendo a xogar, imaxinar e camiñar xuntas, e se unha se cansa as outras tiramos por ela. Se cadra un día podedes xogar con nós. Apetécevos?

Recomendado para nenos e nenas de 3 a 8 anos.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

Detalles

Data:
12/11/2019
Hora:
18:30 - 19:30
Prezo:
De balde
Actividade Categories:
,
Web:
http://apego.gal

Organizador

Concellería de Normalización Lingüística.Concello de Ferrol

Lugar

Capela C.C:Torrente Ballester
R/ Concepción Arenal
Ferrol, 15402
+ Google Map

Pin It on Pinterest