Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O capitán Garfo – Espazo Apego

10/12/2020|17:30 - 18:30

De balde
Capitán Garfo

OS XOVES FUNCIÓN!

Pop electrónico con vontade didáctica no eido da alimentación! Saúl System ofrece un concertiño onde vai preparar un nutritivo e divertido menú musical co que aprenderemos bos hábitos alimentarios, a importancia que ten un bo almorzo, a poñer a mesa ou a facérmonos amigas das verduras e da ensalada. Préstavos?

De 3 a 6 anos

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.gal. Para anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Detalles

Data:
10/12/2020
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest