Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O apoio á lactación materna – Espazo Apego

23/09/2020|17:30 - 19:00

De balde
mamoa

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Neste faladoiro poderemos compartir experiencias e exemplos prácticos co asesoramento da asociación Mámoa no seu 20 aniversario ofrecendo apoio á lactación materna: os beneficios que dá o aleitamento tanto ás mulleres como ás crianzas, as dificultades que podemos atopar, as posibles solucións…

Para embarazadas e nais lactantes.

20 prazas

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior. Indicar no correo se é preciso o espazo para a conciliación Enredando.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest