
O Apalpador e a Banda da Montaña volven a Ames para abrir o Nadal cargado de contos, cantos e agasallos máxicos nacidos na Serra do Courel. Recollerá as cartas que as nenas e os nenos lle queiran deixar.
Tamén gozaremos da fantástica actuación de Cé Orquestra Pantasma.
Para público familiar.
Inscrición: do 4 ao 11 de decembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal