A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ao Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos e cantaremos acompañados doutros personaxes.
Haberá dúas sesións na Casa da Cultura do Milladoiro:
1ª sesión ás 17:00 h
2ª sesión ás 18:00 h
De 0 a 4 (30 asistentes por sesión máis acompañantes)
Entradas: @billeteira