As elfas e os elfos de Papá Noel chegados do Polo Norte son os protagonistas deste espectáculo escénico cheo de contos de Nadal, panxoliñas, coreografías, malabares, acrobacias e circo.
Este pequeno circo conta con árbores de Nadal, a caixa de correos real e decorados para esta ocasión festeira.
Vide cantar e bailar!