Nanocontos de Raquel Queizás, para crianzas de 1 a 6 anos, na Casa da Cultura do Milladoiro.
Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequena ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto. Desta volta, Nano comeza a etapa escolar e descobre que ter personalidade e lingua propia pode ser un gran apoio.
Inscrición previa do 24 de setembro ao 3 de outubro enviando un correo a normalización@concellodeames.gal
De balde.