
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 17. “Nano vai á escola”, de Raquel Queizás (de 0 a 4 anos)
Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura porque, cando se é tan pequeno, ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Desta volta Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que, desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.