Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura porque, cando se é tan pequena, ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto.
Desta volta Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que, desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un grande apoio.
Data: venres 14 de novembro
Horario: ás 17:30 h (duración aproximada 35 minutos).
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Persoas destinatarias: familias con crianzas de 1 a 5 anos.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística.
Prazas limitadas (35 persoas).
Actividade de balde, con inscrición previa enviando un correo a cultura@carnota.gal.
Na solicitude de inscrición débense indicar os seguintes datos: