Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Nano ten diabetes – Espazo Apego

26/11/2020|17:30 - 18:30

De balde
45781945382_bcc8cbcd11_h

OS XOVES HAI FUNCIÓN!

Había unha vez unha ra que non paraba de brincar, sempre cantaba contenta baixo o sol ata que un día todo cambiou… Nano xa non dá choutos, non canta, está triste e bebe auga sen parar. Que lle pasará? Nano ten diabetes. Nanoconto para coñecer a doenza  que fixo que Nano, por uns días, deixase de dar choutos.

Un espectáculo de contos que nos ofrece Raquel Queizás en colaboración coa Asociación de Nenas, nenos e xente nova con Diabetes de Galicia (Anedia), co obxectivo de dar a coñecer esta doenza no mes en que se celebra o seu día internacional.

De 0 a 4 anos

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.gal. Para anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Detalles

Data:
26/11/2020
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest