Participantes dos grupos de Memoria do Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros contaranlles ás familias do Apego como vivían o Nadal cando eran pequenos/as: como o festexaban, as cancións que cantaban, se tiñan moitos agasallos,… Panxoliñas, anécdotas, curiosidades,… encherán de maxia unha xornada ideada para compartir historia e ilusión entre diferentes xeracións.
Data: xoves, 12 de decembro de 2024
Horario: ás 17:00 h
Lugar: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros.
Destinatari@s: público familiar
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego) e colabora: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros.
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición
Descarga aquí o cartel