Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

N de Narón. A festa das letras 2026

17 Maio|11:30 - 19:00

De balde
imaxe-n-de-naron

Este 2026, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño, unha muller que destacou por ser unha xornalista comprometida, esixente e rigorosa, e unha escritora que revisou os mitos clásicos desde unha perspectiva feminista.

Para festexar este día e dar a coñecer a figura homenaxeada, o Concello de Narón organiza, un ano máis, o N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para todos os públicos que se desenvolverá o 17 de maio na praza da Lectura.

Programación:

  • 11.30 h O pracer do azul, cartas no vento de María Faltri e Denise Armas
  • 12.30 h Cantareiras e grupos de baile do Padroado da Cultura
  • 17.00 h Carabela volve aos mares de Galeatro
  • 18.00 h Banda de Gaitas do Padroado da Cultura

De 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h Xogos populares

Estarán presentes neste evento a Biblioteca Municipal cun espazo de lectura e con obradoiros, e librarías que porán  á venda exemplares en galego para todos os públicos.

Descarga o cartel 

cartel-n-de-naron-2026

 

Detalles

Data:
17 Maio
Hora:
11:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Lugar

Praza da Lectura
Vivendas da Mariña, Santa Icía
Narón, 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest