
Narración oral con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca.
Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativada dun xeito fresco, visual e cheo de maxia. Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro, precisará da axuda do público para lidar con xigantes, nebueiras e outras criaturas incribles.
Público familiar
Inscrición previa: do 29 de outubro ao 5 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal