Contacontos de Diego García baseado no libro da súa autoría, ilustrado por Clara Cerviño e editado por Miudiño S.Coop.Galega, dentro da colección Coñecer para amar, que ten por lema “non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece”.
Da man de Diego coñeceremos os nomes que en Galicia temos para nomear os seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na nosa terra.
Esta actividade está patrocinada polo programa Ler conta moito da Xunta de Galicia e vai contar con intérpretes en lingua de signos de XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia).