Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Mindfulness en familia

18 Outubro|17:00 - 19:00

mindfulness

“Alégrate porque todo momento é aquí e todo lugar é agora” (Buda)

 

O mindfulness é o adestramento da atención para acadar a calma, reducindo a activación e aumentando a auto-conciencia.

Centrarse no momento presente, aceptando as emocións para controlar a frustración ou a ansiedade para liberarnos do que nos fai perder o control.

O mindfulness está moi relacionado coa intelixencia emocional. Da man de Raquel Bello (Oikos, espazo de emocións, desenvolvemento e saúde) aprenderemos a ser libres porque aprenderemos a confiar sen xulgar, a prestar atención para descubrir que pensamentos ou que actitudes nos provocan estrés.

 

Onde?: salón de actos do Edificio das escolas

Cando?: o 18 de outubro, ás 17.00 h

Para quen?: para nenas e nenos de 4 a 12 anos, acompañados dun adulto.

Un segredo: vai ser divertidísimo! Imos estar tirados no chan!

Detalles

Data:
18 Outubro
Hora:
17:00 - 19:00

Pin It on Pinterest