Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A miña primeira viaxe en Narón

17/11/2017|18:00 - 18:35

De balde
aminhaprimeiraviaxe_10

A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana. Un nen@ viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido, non sabe cara a onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sente o TUM-TUM dos motores. Esta é unha historia de transformación, de procura da propia identidade.

Atenea García e Nicolás Zamorano, Xarope Tulú, serán os encargados de que @s máis peques queden abraiados con esta peza teatral sobre o comezo da vida.

Data: 17 de novembro de 2017

Horario: ás 18:00 h

Lugar: centro cívico social de Piñeiros

Destinatari@s: nenos e nenas de 2 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 35 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Detalles

Data:
17/11/2017
Hora:
18:00 - 18:35
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://www.naron.es

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Local social de Piñeiros, Narón

Pin It on Pinterest