Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A meiga da fonte, un musical para nov@s influencers – Sara Fandiño – Moaña

30/09/2022|18:00 - 19:00

De balde
meiga-16

A meiga Silva vive nunha fonte que concede desexos á xente de bo corazón.

Cada ano, a fada Pupeiriña axúdaa a conxurar un meigallo para manter os seus poderes, pero ultimamente anda moi distraída co TikTok, xa que pretende ser a primeira fada influencer.

Grazas ás súas publicacións, a malvada Lambirón localiza á súa amiga Silva e envelena as augas da fonte. Pupeiriña precisará a axuda de Diantre e dos nenos e nenas do público para rescatar a Silva e recuperar o poder das augas.

Teatro musical, no que se conxuga tradición e actualidade, recomendado a partir dos 3 anos.

Mediante figuras do imaxinario popular galego, alértase das consecuencias do mal uso da tecnoloxía e das redes sociais. Á par, ponse en valor o patrimonio natural galego e proponse o seu mantemento mediante a colaboración veciñal.

Detalles

Data:
30/09/2022
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Muller e Igualdade

Lugar

Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao
Quintela
Moaña, Pontevedra 36950
+ Google Map
Teléfono:
986314250

Pin It on Pinterest