Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Medramos co Apego en Rianxo

11/04/2018|19:00 - 02/05/2018|20:30

De balde
medramos-co-apego

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Benestar, Igualdade e Diversidade, organiza dúas novas propostas formativas para as familias e as persoas educadoras interesadas, centradas en dous aspectos básicos do coidado da poboación infantil: a alimentación e a educación, incluídas baixo o epígrafe MEDRAMOS CO APEGO.

Ambas actividades van ter día e hora fixos, os mércores ás 19.00 h, e lugar, o antigo Liceo marítimo rianxeiro.

  • A primeira delas é unha charla que vai desenvolver a dietista-nutricionista Lidia Folgar, co título Alimentación infantil complementaria (metodoloxía BLW), destinada a familias con crianzas menores de 2 anos, e vaise celebrar o 11 de abril.

Esta especialista en nutrición ten realizado varios traballos orientados á alimentación infantil e vén de publicar o libro “Aprender a comer sólo”, no que recompila as últimas evidencias científicas arredor da alimentación complementaria dende o enfoque Baby-led Weaning, ou o que é o mesmo, “aprender a comer só”, que promove a incorporación de distintos alimentos a través da súa manipulación coas mans e a levalos á boca.

A charla está dirixida a nais, pais e familiares de menores de 2 anos, pero tamén a persoas que traballen con crianzas (coidadoras, profesionais sanitarios, docentes, etc.).

  • A segunda proposta inclúe dúas sesións do obradoiro dirixido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes, titulado Practicando a disciplina positiva, destinado a familias con crianzas de 4 a 10 anos e a educadoras, que se celebrarán o 25 de abril e o 2 de maio.

Estes obradoiros van afondar nos principios da disciplina positiva, xa tratados na charla do mes pasado, pero dende un punto de vista máis práctico e pormenorizado. Trátase duns talleres intensivos sobre un modelo de crianza respectuosa que axuda a desenvolver habilidades sociais e de vida a longo prazo.

As dúas actividades son de balde pero cómpre inscribirse, pois hai prazas limitadas.

As inscricións pódense facer no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do antigo xulgado), ou a través do correo-e normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 881988891.

Detalles

Comeza:
11/04/2018|19:00
Remata:
02/05/2018|20:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://concelloderianxo.gal/normalizacion

Organizador

SNL do Concello de Rianxo
Teléfono:
881988891
Email:
normalizacion@concelloderianxo.gal
Web:
http://concelloderianxo.gal/normalizacion

Lugar

Liceo marítimo de Rianxo
Rúa Rinlo
Rianxo, A Coruña 15920 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest