Dentro da programación das Festas da Ascensión 2019, as crianzas poderán gozar do concerto musical de Martiña Soñadora.
Sabela King e Carlos Gil son Martiña Soñadora cos seus instrumentos (ukelele e piano) e as súas voces, fannos bailar, aprender das músicas e gozar de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues. As súas fermosas cancións en galego e incluso en inglés e francés exploran estilos e ritmos que sen dúbida farán gozar ao público infantil e familiar.
A partir de 3 anos
Entrada libre