
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…
Cada semana o enfoque é diferente e este luns cocíñase no espazo Merendolas! para desenvolver habilidades espertando a curiosidade polo máis próximo: a comida. Desta volta, elaboraremos unhas receitas que saben a festa, como a coca de san Xoán ou os boliños.
Luns 15. Merendolas
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte. Por favor, indicade se existe algunha intolerancia alimentaria que se deba ter en conta.
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia, cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.