
Ledicias é un espectáculo dinámico e sorprendente, guiado por un personaxe moi peculiar, O Mago Paco, que fai de cada xogo un momento único, no que as crianzas son as verdadeiras protagonistas. Así consegue un espectáculo propio dunha mente infantil: tolo, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.
Para familias con crianzas partir de 3 anos.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.
Martes, 18 de novembro, na capela do C.C. Torrente Ballester, ás 18.30 h