Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Lao Lao e o dragón de xeo en Narón

13/11/2022|18:00 - 19:00

cachirulo-lao-lao

Espectáculo de gran formato para o teatro de monicreques e actores, visual, entretido e de moita acción con música en directo. Nada máis comezar xa estamos inmersos nunha trepidante aventura de intrigas, xogos e persecucións, encontros con seres misteriosos, personaxes doutras culturas, algúns mitolóxicos como o “Dragón de Xeo” ou forzas da natureza que converten a malvados xigantes en montañas de neve. As marionetas de corpo enteiro e os actores dan vida a esta aventura que ten como protagonista a Lao Lao, una anciá que fai figuras de papel dunha beleza inusitada o que esperta as envexas do emperador que desexa posuír todo para el e atrapar a poesía das figuras de Lao Lao.

Día:  domingo 13 de novembro

Lugar:  Pazo da Cultura de Narón

Hora: ás 18:00 h (duración 50 minutos)

Destinatari@s: público infantil (recomendado a partir de 3 anos).

Entradas: na billeteira do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura. Prezo das entradas: abonados, desempregados, carné xove e estudantes: 6,65 €; menores 12 anos: 5,50 €; público xeral: 9,50 €.

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón

Máis info: www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/lao-lao-e-o-dragón-de-xeo

Detalles

Data:
13/11/2022
Hora:
18:00 - 19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Padroado da Cultura do Concello de Narón
Teléfono:
981 391 144
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Lugar

Pazo da Cultura de Narón

Pin It on Pinterest