Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Kenka un kenko en Narón

16/11/2018|18:30 - 19:00

De balde
img_20181029_152859

Kenka un kenko! pediu a nena.

Kenka un kenko!! berrou a nena.

Kenka un kenko!!! chorou a nena.

E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu.

Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas palabras tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…

Ese momento tan fermoso, no final do día, no que os cativos reclaman unha historia que os acompañe nos sonos, é o xerme deste espectáculo que mestura contos, retrousos, adiviñas, literatura infantil e tradición oral e música en directo.

 

Data: venres, 16 de novembro de 2018

Horario: ás 18:30 h (duración aproximada 35 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 6 meses a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto Kenka un kenko en Narón
  • Cris de Caldas e Xabi do Camiño presentarán o seu espectáculo infantil e familiar Kenka un kenko en Narón

A participación será por estrita orde de inscrición.

Aquí podedes descargar o cartel

Detalles

Data:
16/11/2018
Hora:
18:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest