Os Cantos de Noiteboa, Cantos de Aninovo e Cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo dos veciños, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota.
Esta tradición estase perdendo, como tantas outras manifestacións culturais populares: co esforzo de moita xente anónima, e ao longo dos anos, os cantos e as súas letras fóronse recollendo e recompilando, editando distintos materiais de difusión, discos, creando páxinas web… pero o que é a práctica de ir cantar, de xuntarse, de celebración conxunta coa veciñanza destas datas tan sinaladas… desapareceu practicamente en toda a xeografía galega.
Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os cantos, os romances…); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos…); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos,…).
Descrición
A proposta está dividida en tres momentos ben diferenciados:
Data: xoves, 19 de decembro de 2019
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Narón
Horario: de 17:30 a 20:00 h aproximadamente (60 minutos: obradoiro de construción de instrumentos sonoros e de cantos de Reis | 60 minutos: saída para cantar os Reis e visitas a establecementos do contorno pedindo o aguinaldo | 30 minutos: merenda).
Destinatari@s: para público familiar (nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias. Os menores de 6 anos terán que vir acompañados obrigatoriamente dunha persoa adulta).
Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición, que se poderá realizar ata o 18 de decembro ás 14:00h, deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición
Recomendacións para as persoas participantes: traer roupa de abrigo e, se tedes, algún instrumento musical.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellería de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón
Podedes descargar o cartel aquí