Cargando Actividades

« All Actividades

Imos cantar o Nadal , Concello de Ferrol

17 Decembro|12:00 - 13:00

De balde
cantar-nadal-800x445

Os Cantos de Noiteboa, Cantos de Aninovo e Cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo dos veciños/as, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota

Esta tradición estase perdendo, como tantas outras manifestacións culturais populares: co esforzo de moita xente anónima, e ao longo dos anos, os cantos e as súas letras fóronse recollendo e recompilando, editando distintos materiais de difusión, discos, creando páxinas web… pero o que é a práctica de ir cantar, de xuntarse, de celebración conxunta coa veciñanza destas datas tan sinaladas… desapareceu practicamente en toda a xeografía galega.
Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Entrada de balde por orde chegada ata completar as prazas da Capela do C.C. Torrente Ballester. Abriranse as portas 30 min antes da hora prevista de comezo.

Detalles

Data:
17 Decembro
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Web:
http://www.ferrol.gal

Organizador

Concellería de Normalización Lingüística.Concello de Ferrol

Lugar

Capela C.C:Torrente Ballester
R/ Concepción Arenal
Ferrol, 15402
+ Google Map

Pin It on Pinterest