Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A Idade dos Metais, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode (Pontevedra)

10 Maio|11:30 - 13:00

De balde
banner_formulario_logos

A historia de Galicia desde a Prehistoria ata o século XIX será o fío condutor dunha serie de actividades familiares lúdico-formativas, ideadas e guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine no marco do programa Apego. Desenvolveranse ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra, en lugares de doado acceso que dean a coñecer o noso patrimonio.

Trátase de actividades de hora e media de duración, que constan de: pequena explicación didáctica sobre unha determinada etapa histórica, obradoiro creativo no que se confeccionará un obxecto relacionado coa etapa que se traballe, contacontos e obradoiro de debuxo guiado, con acompañamento musical de Marcelo Dobode.

Para familias con crianzas a partir de 3 anos.

*Cómpre inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

Detalles

Data:
10 Maio
Hora:
11:30 - 13:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
https://snl.pontevedra.gal/

Organizador

SNL do Concello de Pontevedra
Teléfono:
986863157

Lugar

Monte da Fracha

Pin It on Pinterest