
04/08/2026
CAMBIO DE LOCALIZACIÓN: ESPAZO APEGO
Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques…
Este primeiro martes a Compañía Galeatro trae Hotel Paraíso!
Alba cóntanos a historia do seu avó que traballou de botóns nun hotel moi especial: o Hotel Paraíso. O seu avó tiña un don especial: era capaz de facer feliz a todas as persoas que pasaban por alí. Alba admírao profundamente e quere ser coma el. Por iso presta moita atención a todo o que sucede no hotel, ás historias que se esconden entre os seus corredores e habitacións.
Porque en cada habitación do Hotel Paraíso hai unha emoción agochada: a ira, a alegría, o medo, o asco…Emocións que agardan ser descubertas, escoitadas e contadas.