
Tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes.
Co seu característico humor, Ghazafelhos repasarán historias como as de A cabra montesina, As lavandeiras, a Santa Compaña…
A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse e para conmemorar que levamos 10 anos de Rechouchíos.