
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 10. “Hamelín”, de Fran Rei (de 3 a 6 anos)
Ratos! Ratos! A cidade de Hamelín está nunha ratatombe! Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelín, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron, as nenas e nenos da vila seguiron hipnotizadas e hipnotizados ao músico pero, unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.