Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Gatuxo, espectáculo músico-teatral

21/01/2016|18:00

Gatuxo-cartel-600

Espectáculo músico-teatral de Magín Blanco e compañía

  • DÍA: Xoves 21 de xaneiro
  • HORA: 18.00 h
  • LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo

Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 5 anos e ós seus familiares acompañantes.

Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

Gatuxo vai dirixido a dous públicos moi diferenciados, aínda que acudirán xuntos ao espectáculo: as crianzas, ás que vai dirixida a parte mais sensorial e orgánica do espectáculo, e os seus pais/nais, que recoñecerán a evolución de Gatuxo na dos seus propios fillos.

Gatuxo é a semente da arte mesma. Coñece máis de Gatuxo a través deste vídeo >

 

PARTICIPACIÓN: até 60 nenos/as de 0-5 anos, acompañados/as de ata dúas persoas adultas, por orde de inscrición. Inscrición previa de balde desde o día 11 de xaneiro no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal, indicando:

  • Nome e apelidos do neno ou nena
  • Tempo que ten o/a neno/a
  • Nome e apelidos da nai, pai ou persoa(s) que o/a van acompañar
  • Teléfono de contacto

Actividade organizada en colaboración entre o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña.

Aquí podes descargar o programa completo de actividades para o Apego en Carballo en xaneiro, febreiro e marzo de 2016 (.pdf)

Detalles

Data:
21/01/2016
Hora:
18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

SNL do Concello de Carballo
Teléfono:
981704304
Email:
nelvidal@carballo.gal
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest