Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Gatuxo, en Carballo

06/06/2018|18:00

Gatuxo-cartel-600

Gatuxo. Espectáculo músico-teatral de Magín Blanco e compañía

Mércores 6 de xuño | 18.00 h | Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 4 anos e aos seus e súas familiares acompañantes.

Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

Gatuxo vai dirixido a dous públicos moi diferenciados, aínda que acudirán xuntos ao espectáculo: as crianzas, ás que vai dirixida a parte mais sensorial e orgánica do espectáculo, e os seus pais/nais, que recoñecerán a evolución de Gatuxo na dos seus propios fillos e nas das súas propias fillas.

 

Participación: bebés de 0 a 4 anos, acompañados/as de ata dúas persoas adultas. Recollida de convites, de balde, desde o día 30 de maio na Biblioteca Rego da Balsa.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística

Programa completo de Apego en maio e xuño en Carballo, en .pdf, aquí >

Detalles

Data:
06/06/2018
Hora:
18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

SNL do Concello de Carballo
Teléfono:
981704304
Email:
nelvidal@carballo.gal
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest