Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A galiña que pon ovos… de conto en Narón

11/05/2022|18:00 - 19:00

De balde
imaxe

Narración e creación artística

A nosa galiña é moi especial: vai á biblioteca, come letras e pon ovos que son personaxes de conto! Mais hoxe non puxo suficientes para encher unha caixa. Temos que botarlle unha man se queremos saber como acaba a historia…

Despois de darlle de comer, imos recollendo os ovos que son personaxes de conto. E con cada un que vaiamos sacando imos enchendo unha caixa e contando un conto.

Data: mércores, 11 de maio de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Podes descargar aquí o cartel

Detalles

Data:
11/05/2022
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest