Un encontro para coñecerse, compartir, cantar, bailar e ir aprendendo de xeito natural unha chea de cantos de noso. Se tocades algún instrumento tradicional, non esquezades levalo, e tamén a merenda para compartir! Poden vir máis familiares.
Obradoiro de 0 a 6 anos*, con Pablo Díaz e Olga Kirk
Cómpre inscrición en apuntate.pontevedra.gal