Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Fíos do querer de Cé Orquestra Pantasma en Narón

22/07/2020|19:00 - 19:45

De balde
4-festas-romerias-1-768x512

En familia, nenas e nenos gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño…

Obradoiro dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.

Data: mércores, 22 de xullo de 2020

Horario: ás 19:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: Pazo da Cultura (se o tempo o permite, desenvolverase no exterior)

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

É obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e nenos e nenas a partir de 6 anos.

Vídeo promocional

Cartel da actividade

Detalles

Data:
22/07/2020
Hora:
19:00 - 19:45
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Pazo da Cultura de Narón

Pin It on Pinterest