
En familia, nenas e nenos gozarán de cantigas de primeiras palabras: para abanear, para dar bicos, apertas, facer palmiñas, o cabaliño… Este obradoiro musical está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos.
Require inscrición previa.