Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Fíos de Baobab teatro en Ourense

04/11/2018|12:00 - 13:00

3€
fios

Nomeada nos Premios MAX 2013 por “mellor autoría teatral galega”.
“Fíos” é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.
Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oidos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.
En Fíos os diferentes personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións, así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que nada máis que se quere namorar, Dona Margarita viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito descubrirá que quere ser de maior.
Fíos é un espectáculo para soñar e non esquecer  porque din que as historias perduran cando as gardamos na nosa memoria e de vez en cando as recordamos para contarllas aos nosos seres queridos.
Público + de 3 anos
Sala principal
Duración: 50m

Detalles

Data:
04/11/2018
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
3€
Web:
http://www.ourensecultura.com

Organizador

Concellaría de Cultura
Teléfono:
988 391 290
Web:
www.ourensecultura.com

Lugar

Auditorio Municipal
Rúa da Canle, 2
Ourense, 32004
+ Google Map
Teléfono:
988 391290
Web:
www.ourensecultura.com

Pin It on Pinterest