… E por fin o gran festival para a cativada e as familias. O FESTICHÍO! chega cunha morea de actividades dende os 0 anos en diante no arboredo da Xunqueira o venres 14 de xuño. Un serán cheo de arrolos, cancións, bailes e xogos!
FUNDACIÓN LEGAR: ARROLAR
Ás 18.30 h: sesión de arrolos, cantigas de berce e nanas acompañados de instrumentos musicais de raíz. Recomendado para familias con bebés de 0 a 3 anos. Traede mantiña para sentar na herba!
MARÍA FALTRI: PICADISCOS
Ás 19.15 h: sesión de música infantil galega para que o público miúdo xogue, se divirta e aprendan as cancións da man dos libros da pequena biblioteca ambulante que nos trae María Faltri. Recomendado dos 3 anos en diante.
XOGOS PAPORRUBIO
De 18.30 a 21.00 h: o arboredo da Xunqueira convértese nunha eira de xogos autónomos e animados de tema agrario para darnos a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxerios da nosa fauna: un paporrubio que guía as nenas, nenos e maiores por unha eira chea de xogos.
Vide cantar, bailar e xogar neste serán de FESTICHÍO!