Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Festa Apego en Compostela!!

22/12/2018|12:00 - 21:00

De balde
festa-apego-compostela-cartel-03

Unha feira de contos, música, xogos, información e propostas para a crianza en que as nenas e nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día! Atención á programación!

Teatro e sensacións:

  • Ás 12 e ás 13 h, O aloumiño dunha estrela de Avoa Youja. Se estiramos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos… parece imposible, non si? Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, as pequenas e os pequenos gozarán da poesía das imaxes ata rabuñar a bóveda celeste. De 0 a 3 anos.
  • Ás 17 e ás 18 h, Redondo de Caramuxo teatro. A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. De 1 a 4 anos.

Contos: 

  • Ás 12 e ás 13 h, Nano vai á escola de Raquel Queizás. Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Desta volta, Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio. De 1 a 6 anos.
  • Ás 17 h, Avós de Trinke trinke. A ratiña Lilí Gruyére cóntanos como lle axudou a súa avóa, hai moitos, moitos anos, cando ela era pequena e a súa avóa aínda vivía, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avóa. Escoitarémoslle contos que ela lle contou e a música que a ela lle gustaba. + 5 anos.
  • Ás 18 h, O Apalpador con Anxo Moure. Co tradicional personaxe do Apalpador viaxaremos ao Caurel a través dos contos e cun tronco oco dunha maceira que unha fada das montañas nos agasalla miraremos o mundo a través do corazón das árbores. + 1 ano.

Música e circo:

  • Ás 12.30 h, Deveribés de Mamá Cabra. Concerto que fai un percorrido polos mellores éxitos da banda, cancións que, ao longo dos anos, xa quedaron nas nosas memorias e que seguen facendo fans miúdos aló por onde pasan. + 1 ano.
  • Ás 19.30 h, Orquestra Malabares con Pista4 e a Banda Municipal de Música.  Innovador espectáculo onde se fusionan os instrumentos dourados, os grandes tambores, os uniformes e as maxistrais obras da Banda Municipal, coas bólas, as mazas, os acrcoe, os pantalóns curtos e a irreverencia do circo de Pista4. + 4 anos.

Obradoiros:

  • De 12  a 14 e de 16 a 19 h: Construción de xoguetes e enredos musicais con materiais de refugallo: harmónicas, tartarugas para botar carreiras e axóuxeres para a cativada máis miúda. Xandobela.

Recursos:

  • Ás 12.15 e ás 16.30 h Charlas sobre o material de utilidade para a crianza en galego de Fabaloba.
  • De 12  a 14 e de 16 a 19 h. Espazo Aliali.gal de Fabaloba.

Audiovisual:

  • Proxección  de vídeos de Cinema Crianza, Apego (As aventuras de Po e outros) e OQO Editora (Cocorico e Caracois). De 0 a 6 anos.

Xogo:

  • De 12  a 14 e de 16 a 19 h: Espazo de xogo libre, con material natural non estruturado con Terra Miúda.

Feira:

  • De 12  a 14 e de 16 a 19 h: Postos con diverso material de exposición, reparto ou venda. Proxecto Apego, Libraria Couceiro, Gaia dos Nenos e Escolas Semente.

Detalles

Data:
22/12/2018
Hora:
12:00 - 21:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , , , , , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest