Un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia, os recursos… como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano en Compostela!
A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia. Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións e o día pechará cun gran concerto da sempre aclamada Uxía Lambona e a Banda Molona.
A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade.
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos
Información detallada na nova