Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Feira das sementes de Babaluva en Narón

08/06/2022|18:00 - 19:00

De balde
feira-das-sementes-orixinal

Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes se trocan por outras, por un conto, un refrán,  unha canción ou unha adiviña.

Mirari, unha vasca establecida en Galicia, percorre o país coa súa feira das sementes. No seu postiño leva para trocar semente das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela dá pero tamén recolle. Nesta ocasión a cambio dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos. A proba da semente é Garavanciña e o esquío. Finalmente para denunciar o secuestro que algunhas multinacionais da alimentación fan das sementes representará con monicreques de cachaporra «O rapto do centeo».

 

Data: mércores, 8 de xuño de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Podes descargar aquí o cartel

Detalles

Data:
08/06/2022
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest