Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

“Fálame moito e ben” en Ponteareas

21/04/2018|11:30 - 13:00

falame-moito-e-ben

Obradoiro para pais e nais que estean a esperar unha crianza ou que teñan unha de até 6 anos, que terá lugar na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas. Estará desenvolvido pola psicóloga especialista en familia Raquel Bello Varela, do equipo OIKOS.

O obradoiro incluirá actividades destinadas a estimular a adquisición lingüística nas crianzas, nomeadamente nun contexto bilingüe como é o noso. Alén diso, servirá para os pais e nais aprenderen sobre as fases de adquisición da linguaxe nas crianzas, a identificación de problemas de fala, a mellor maneira de estimularen eles mesmos o uso e aprendizaxe da linguaxe nos seus fillos e fillas etc. Está dirixido fundamentalmente aos pais e nais, mais pódense levar @s pequen@s sen problema.

Non será imprescindíbel inscribirse mais, en caso de non haber prazas suficientes, terán prioridade as persoas apuntadas por orde de inscrición. Para inscribirse chamade ao teléfono do SNL ou enviade un mail cos vosos datos. A actividade será de balde.

Detalles

Data:
21/04/2018
Hora:
11:30 - 13:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas (Concellaría de Cultura)
Teléfono:
986640000 Ext. 2505
Email:
normalizacionlinguistica@ponteareas.es
Web:
https://ponteareas.gal/normalizacion-linguistica/

Lugar

Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Dr. Fernández de La Vega s/n
Ponteareas, Pontevedra 36860 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 661 674
Web:
https://www.paxinasgalegas.es/auditorio-reveriano-soutullo-183672em.html

Pin It on Pinterest