Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Faladoiro “Seguridade viaria: a contarmarcha” – Espazo Apego de Santiago

10/06/2020|17:00 - 18:00

De balde
safe_image

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento… Os mércores a familia vai á escoliña!

O mércores 10 de xuño temos unha charla “Seguridade viaria: a contramarcha” impartida por Gaia Ecocrianza no Espazo Apego!

Falarase sobre a importancia de que as crianzas viaxen a contramarcha o maior tempo posible e sobre sistemas de retención infantil.

Para familias que agardan un bebé e con crianzas de entre 0-5 anos.

O espazo Enredando convértese nun espazo de conciliación para persoas que teñan que acudir con crianzas ao obradoiro. Dirixido a crianzas entre 2 e 6 anos é un lugar de entretemento activo en que se promove a socialización e a expresión verbal, xestual, corporal…manexando ditos, cancións, xogos…

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, se precisa facer uso do espazo de conciliación Enredando, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Detalles

Data:
10/06/2020
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest