Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Exposición-obradoiro Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976)

12/05/2018|10:00 - 13/05/2018|18:30

De balde
catalaroca

Do mesmo xeito en que o fotógrafo Català-Roca capturou aqueles momentos e espazos que para el resultaban significativos de Santiago de Compostela nas súas viaxes, esta actividade propón que as crianzas e os maiores pensen nalgún espazo ou situación que compartan ou sexa significativo para eles.

A exposición é froito dun longo traballo de investigación do artista e editor Anxo Rabuñal a partir dos fondos depositados no Arxiu Català-Roca do Collegi Oficial d’Arquitectes de Catalunya, e conta coa colaboración de Agar Ledo. Presenta 116 imaxes, algunhas delas inéditas, escolmadas entre o milleiro de fotografías que Català-Roca tomou nas sucesivas viaxes que realizou a Galicia ao longo de 20 anos. A exposición e o obradoiro serán guiados por Pablo Rodríguez e terán unha duración dunha hora e media.

A partir de 5 anos (con acompañamento adulto).

Os obradoiros-exposición para familias terán lugar os días sábado 12,  domingo 13 e xoves 17 ás 10.00 e ás 16.00 horas.

As prazas son limitadas. Pódese reservar só a visita ou tamén combinada co obradoiro en exposicions@auditoriodegalicia.org ou en 981 574 152/3 (até as 14 h).

Detalles

Comeza:
12/05/2018|10:00
Remata:
13/05/2018|18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Concellaría de Acción Cultural

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest