Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro “A exploración libre para as crianzas” – Espazo Apego de Santiago

15/07/2020|17:30 - 19:00

De balde
xogo-libre1

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento…

A familia poderá descubrir coas indicacións de Gaia Ecocrianza provocacións facilmente replicables no fogar ao tempo que reflexionar sobre como se desenvolve o xogo das súas crianzas. Abordaranse temáticas de gran importancia como o xogo non dirixido, o material non estruturado, o movemento libre e autónomo, o papel que a persoa adulta debe desenvolver durante os tempos de xogo das crianzas etc.

Para familias con crianzas entre 8 meses e 5 anos.

20 prazas

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior e remata ás 14 h do día anterior ao desenvolvemento da actividade.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Detalles

Data:
15/07/2020
Hora:
17:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest