Eu conto, ti contas… ELAS contan. Cris de Caldas
Xoves 26 de abril | 18.00 h | Pazo da Cultura de Carballo
Conxugaremos o verbo contar entre todos e todas para recordar os contos escritos por mulleres, ilustrados por mulleres, con mulleres de conto. Contos con, de e sobre mulleres. Porque contamos todos! E elas tamén.
Participación: para público familiar, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Actividade enmarcada na Semana do Libro e a Lectura, organizada pola AS-PG e o Concello de Carballo. Programa completo, aquí: http://apego.gal/wp-content/uploads/2018/04/Triptico-Semana-Libro-Lectura-2018.pdf