Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Eu cociño, ti cociñas, de Mamá Cabra

11/05/2018|18:30 - 19:30

cocino

As mestras María Salgado e Pilar Rivas levan a cabo un interesanteproxecto escolar cos nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil. “Eu cociño, ti cociñas?” é unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas dos alumnos. Eu cociño, ti cociñas?” conta cun blog onde recollen a diario todas as súas experiencias. Alí taménse soben as receitas gravadas en vídeo onde os protagonistas son os máis pequenos, que nos guían en todo o proceso de elaboración, dende a escolla dos ingredientes ata a presentación final. Parte do segredo do proxecto ten que ver co entusiamo e a dedicación das mestras, que lle rouban horas á familia e ao seu tempo de lecer para facelo posible. O outro gran apoio son os pais e nais, sen cuxa colaboración tampouco non sería o mesmo. Desta iniciativa xorde o novo espectáculo músico teatral de Mamá Cabra

Detalles

Data:
11/05/2018
Hora:
18:30 - 19:30
Web:
https://www.ticketea.com/entradas-teatro-eu-cocino-ti-cocinas-de-mama-cabra/

Lugar

Ágora
Lugar da Gramela, 17
A Coruña, A Coruña 15010
+ Google Map
Teléfono:
981 189 888

Pin It on Pinterest