Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Estrazalonia en Narón

13/04/2018|17:30 - 18:00

De balde
foto-1

Estrazalonia propón unha viaxe da man de Tilín e Tilón, a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e o xogo para o estímulo dos sentidos. O papel de estraza será a base da escenografía, monicreques, música, sons e expresión corporal. Tilín e Tilón chegan a un mundo feito de papel onde descubriran o poder da imaxinación e a maxia das transformacións, onde todo pode ser o que cada quen queira que sexa.

Data: venres, 13 de abril de 2018

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 18:30 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social do Val

Destinatari@s: nenos e nenas de 1 a 5 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

Aquí podedes consultar todas as actividades programadas desde o SNL do Concello de Narón para os meses de abril, maio e xuño

 

Detalles

Data:
13/04/2018
Hora:
17:30 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
https://www.facebook.com/normalizacionlinguisticanaron/

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n 15541 + Google Map

Pin It on Pinterest