OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, da man da súa psicóloga infantil Olaia González, achéganos un obradoiro para aprender, xunto ás nosas crianzas, os diferentes estilos para aprender e as teorías que rodean esta cuestión. Toda a variedade de prácticas de crianza e estilos de aprendizaxe para fomentar o seu desenvolvemento integral e harmónico.
Para familias con crianzas de 0 a 3 anos.
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.gal. Para anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.