Representacións teatrais, musicais, contacontos, sensoriais… guiadas por artistas especializados para as pequerrechas da casa no espazo Tachán! cada 15 días
Tachán!: Este queixo queixolán, esta boca pide pan… Unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para enriquecer a crianza con recursos lúdicos ben entretidos da man de Tareixa e Xacobe: Pavís Pavós.
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 4 anos
A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 20. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:
Unha vez rematado o prazo confirmarase por correo electrónico.